Política Social e Xuventude destaca o traballo de Faxpg para favorecer a integración e maior autonomía das persoas xordas

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo hoxe un encontro co presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), Iker Sertucha. Antón Acevedo salientou o traballo desta entidade para favorecer a integración e a autonomía desta comunidade, no que conta co apoio da Xunta de Galicia

Esta reunión serviu para coñecer, de primeira man, as necesidades das persoas xordas e os programas que ten en marcha Faxpg. O Executivo autonómico seguirá apoiando a esta federación nas súas iniciativas, así como na tarefa de dar máis visibilidade e acadar unha maior sensibilización da sociedade en xeral sobre o día a día deste colectivo.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/02/2023