Trenor subliña o compromiso da Xunta de máis de 600 M€ coa cidade da Coruña e lamenta o bloqueo de 3 anos do Goberno local

O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que o Goberno galego é a administración que máis inviste na cidade e reprochou a política obstrucionista e as mentiras do Goberno municipal coas obras pendentes do Goberno autónomico

Trenor apuntou que os programas sociais absorben casi 60 millóns de euros con iniciativas tan importantes como a gratuidade das escolas infantís, a Risga ou o Servizo de Axuda no Fogar

O representante do Goberno autonômico agradeceulle á Asociación de Meigas Hogueras de San Juan a invitación e felicitou a esta entidade polo traballo realizado na promoción da festa de San Xoán

A Coruña, 22 de febreiro de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no ciclo de conferencias Páxinas Coruñesas organizado pola Asociación de Meigas Hogueras de San Juan. O representante do Goberno autonómico destacou a aposta da Xunta pola cidade da Coruña que se reflexa nuns investimentos comprometidos de máis de 600 millóns de euros entre os que destacou os máis de 500 millóns do novo CHUAC, os preto de 19 millóns de euros que se está a investir na Intermodal, os 20 millóns comprometidos para a fachada marítima, os 7,5 millóns de euros para a Cidade das Tic, os 6 millóns do centro de saúde de Santa Lucía, os 8 millóns para centros educativos ou os 22 millóns de euros para o barrio de Xuxán, entre outras moitos.

 

Trenor recalcou que a Xunta é a administración que máis inviste na cidade e resaltou que “as políticas sociais, a educación, a vivenda e a sanidade pública son o noso maior compromiso cos coruñeses”. Neste senso, referiuse a actuacións tan importantes como as máis de 1.000 viviendas que se están a construir no barrio de Xuxán das cales case 150 serán de promoción pública directa da Xunta ou aos case 60 millóns de euros que o Goberno autonómico destina aos distintos programas sociais como a gratuidade das escolas infantís, o risga ou o servizo de axuda no fogar, por poñer alguns exemplos.

 

O representante do Goberno autonómico referiuse tamén á obra do novo CHUAC como a actuación máis importante na cidade nos vindeiros anos e lamentou o bloqueo permanente e os cambios de criterio por parte do Goberno local, o que está provocando que esta obra non avance pese ao empeño e aos esforzos da Xunta. Trenor lembrou que a Area Sanitaria da Coruña conta con máis de 7.500 traballadores e cun ozamento de 850 millóns de euros, “polo que non se entende a política obstrucionista do Goberno municipal que en vez de sumar e colaborar nun tema tan importante para os coruñeses, adícase a poñer paos nas rodas”.

 

O delegado da Xunta lamentou tamén a situación de parálise na que se atopa a fachada marítima da Coruña e lembrou que a Xunta segue mantendo o seu compromiso de achegar 20 millóns de euros para garantir a titularidade pública deses terreos e recalcou que “todos os coruñeses nos xogamos moito neste envite e levamos 3 anos perdidos sin un só avance salvo os pasos dados polo Presidente de Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, para abrir os peiraos e pola Fundación MOP, que conseguiu revalorizar o espacio portuario atraendo a centro de miles de persoas con exposicións referentes no mundo da cultura e da moda”.

 

Outros dos grandes proxectos que a Xunta está impulsando na Coruña é a Cidade das Tic, neste senso, Trenor  lembrou que a Xunta foi a primeira e a principal administración en poñer cifras a este proxecto polo importancia de apoiar ao sector tecnolóxico da cidade. Por iso, recalcou “temos xa comprometidos máis de 5,4 millóns de euros para o Centro de Servizos Avanzados e para o Galaxy Lab do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), ademais a Consellería de Emprego e Igualdade reserva 2,1 millóns de euros para un novo centro de formación neste espazo fronte a outras administracións que se limitan a facer anuncios”.

 

O representante da Xunta referiuse tamén á aposta pola cultura como un revulsivo e un reactivador económico e lembrou que o Goberno galego reserva máis de 3 millóns de euros para a Orquesta Sinfónica de Galicia ou 1,5 millóns para o albergue de peregrinos e será o impulsor da gran exposición sobre Picasso que se abrirá na cidade no mes de marzo, ademais de seguir promocionando o Camiño Inglés para que A Coruña non se quede fora do tirón da nova década Xacobea que se inicia este ano.

 

Trenor agradeceu a Asociación de Meigas Hogueras de San Juan a invitación e felicitou a esta entidade polo traballo realizado nos últimos anos na defensa e promoción da Festa de San Xoán o que permitiu conseguir o gran recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional e incidiu en que esta entidade é un dos estandartes e dos faros da oferta turística da nosa cidade ainda que algúns se empeñen en non entendelo así.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2023