A Casa de Galicia en Madrid acolle unha degustación de porco celta para dar a coñecer esta raza autóctona

Madrid, 22 febreiro de 2023

A Casa de Galicia en Madrid acolleu unha degustación de porco celta, ofrecida pola Asociación de Criadores de Gando Celta (Asoporcel) á que asistiron un cento de persoas.

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, amosou a satisfación desta entidade de promover o coñecemento en Madrid dunha parte importante da cultura e gastronomía de Galicia, como é o cocido, e tamén dunha raza autóctona, como é o porco celta. “O porco celta veu para quedar en Madrid”, aseverou.
 
Pola súa banda, os portavoces de Asoporcel explicaron aos asistentes as características da raza autóctona do porco celta e mostraron o seu interese porque esta sexa a primeira de moitas edicións na Casa de Galicia.
 
Representantes da cultura, política e sociedade déronse cita nesta degustación, á que tamén acudiron bloggers gastronómicos e medios especializados, ademais de recoñecidos hostaleiros madrileños, así como distintos representantes do sector da alimentación tanto de Madrid, como de outras zonas do país.
 
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2023