Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Araúxo, que segundo as últimas medicións afectou 1,9 ha do Parque Natural do Xurés

A afectación total do lume foi de 2,4 hectáreas e dentro do espazo natural a maior parte foi de monte raso (1,5 hectáreas) e o resto de arborado (0,4 ha)

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2023

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Araúxo, que foi extinguido ás 3,30 horas desta madrugada e que, segundo as últimas medicións, afectou 1,9 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

 

O lume iniciouse ás 1,20 h. e afectou en conxunto 2,4 hectáreas. Dentro do espazo natural, a maior parte da superficie foi de monte raso (1,5 ha) e o resto de arborado (0,4 ha). Para a extinción deste incendio mobilizáronse en total 1 axente, 4 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 19/02/2023