A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta semana os servizos da entidade acompañada do alcalde do municipio, José Muíño

A Xunta destaca o traballo da Fundación Íntegro para avanzar na plena inclusión das persoas con diversidade funcional

A Xunta incrementou nos últimos anos as prazas que financia nos centros de día e ocu-pacional de Íntegro, ata acadar na actualidade as 30

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 17 de febreiro de 2023.-

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta semana os centros de día e ocupacional da Fundación Íntegro en Cabana de Bergantiños. Fabiola García, que estivo acompañada do alcalde do municipio, José Muíño, tivo a ocasión de comprobar o traballo que realiza esta entidade para avanzar cara a plena inclusión das persoas con diversidade funcional nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. 

Nos últimos anos, a Xunta incrementou as prazas públicas que oferta ás familias tanto no centro de día como no ocupacional de Íntegro, ata acadar as 30 actuais (15 en cada servizo). Ademais do financiamento destas prazas, para este ano 2023 o Goberno galego ten abertas dúas liñas de axuda coa entidade que suman 90.000 euros.

 A primeira delas, concedida a través da orde do IRPF, é para un proxecto de instalación de paneis fotovoltaicos e baterías no centro de recursos. A segunda axuda permitirá a Íntegro a adquisición dun vehículo adaptado e outorgouse con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/02/2023