O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia valora positivamente as medidas que está adoptando o Servizo Galego de Saúde

Os membros do Consello asesor puxeron en valor as medidas adoptadas no ámbito da estabilización dos profesionais sanitarios, a convocatoria por concurso de méritos para cubir os prazas de difícil cobertura, as axendas con cupos de 33 pacientes e 7 ocos para posibles urxencias, o pulo á carreira profesional ou as melloras no eido do benestar emocional

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2023

A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez; presidíu esta mañá unha nova xuntanza do Consello Asesor do Sistema Público de Galicia. Durante a reunión, os seus membros valoraron postivamente o conxunto de medidas que esta a adoptar o Servizo Galego de Saúde en relación cos seus cadros de persoal.

Neste sentido, o Consello asesor puxo en valor as medidas adoptadas no ámbito da estabilización dos profesionais sanitarios, a convocatoria por concurso de méritos para cubir os prazas de difícil cobertura, as axendas con cupos de 33 pacientes e 7 ocos para posibles urxencias, o pulo á carreira profesional ou as melloras no eido do benestar emocional.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2023