O delegado da Xunta en Pontevedra mantén un encontro de presentación co novo xeneral xefe da Brilat, Alfonso Pardo

Luis López púxose a disposición do máximo responsable da Brigada Galicia VII e ofreceulle a total colaboración do Goberno galego

Pontevedra, 15 de febreiro de 2023.-

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, recibiu este mediodía no edificio administrativo de Campolongo ao novo xeneral xefe da Brigada Galicia VII, Alfonso Pardo de Santayana Galbis, nun encontro de presentación ao abeiro do seu recente nomeamento a comezos do presente mes.

O representante autonómico desexoulle moita sorte e éxitos na súa responsabilidade ao fronte do destacamento da Brilat emprazado na base General Morillo de Figueirido e púxose á súa disposición, ao tempo que ofreceulle continuidade na total colaboración do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2023