A Xunta sinala que os orzamentos da Xunta para 2023 reforzan a aposta por unha Galicia máis inclusiva

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2023

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, mantivo unha reunión esta mañá con representantes do Cermi Galicia, onde fixo balance dos logros acadados en materia de discapacidade no pasado ano e onde marcou as liñas estratéxicas de cara a este ano 2023. Neste sentido, apuntou que os orzamentos da Xunta nesta materia recollen un incremento do 16% con respecto ao ano pasado, ata acadar os 165 millóns de euros, o que supón un reforzo importante na procura dunha Galicia máis inclusiva.

González Abeijón lembrou as novidosas axudas impulsadas no pasado ano como a orde para a creación ou reforma de centros de titularidade social, dotada con 13 millóns de euros; a orde para a adquisición de vehículos adaptados, que contou con 3,6 millóns de euros; o reforzo para a creación e mantemento de máis de 40 unidades de atención temperá; ou as axudas con cargo á casilla social do IRPF que este ano repartiron máis de 19 millóns de euros.

Así mesmo, marcou como retos inmediatos a aplicación do novo modelo nos centros de atención á discapacidade, así como a aplicación do concerto social na creación de prazas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2023