A Xunta mantén unha reunión con representantes da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (Acem), que leva máis de 25 anos traballando a favor das persoas con esta doenza.

 

Esta reunión de traballo serviu para coñecer de primeira man as necesidades do colectivo e de todas as persoas que representan. Ademais, durante o encontro analizáronse posibles vías de colaboración que permitan axudar ás persoas que sofren esclerose múltiple en Galicia, así como impulsar os programas que pon en marcha a entidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/02/2023