A Xunta destaca a formación para o emprego en sectores decisivos para a transición verde na gala ‘Enerxéticos’ de Cluergal

Vigo, 10 de febreiro de 2023

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou na gala solidaria Enerxéticos 2023 na que o Clúster de Enerxías Renovables (Cluergal) e a revista Dínamo Técnica brindoulle recoñecemento polo seu traballo co sector. Lado agradeceu a mención e destacou a importancia que a actividade deste sector terá na transición verde que enfronta Galicia polo que a Xunta está a apostar por impulsar da man de Cluergal e outras oito entidades a formación para atender a necesidade de man de obra que demanda e brindar, deste xeito, máis oportunidades de emprego á cidadanía.

A Xunta de Galicia está a promover, neste marco, a formación axustada á demanda do tecido produtivo con 3,3 millóns de euros este ano para cualificar máis de 7.500 galegas e galegos en nove sectores estratéxicos. Refendarase así á colaboración cos clústers do sector naval galego (Aclunaga); da automoción (Ceaga); do sector do metal (Asime); das TIC; coa Federación Galega de Comercio; coa Fundación Laboral da Construción; coa Cámara Oficial Mineira de Galicia (Comg); coa Asociación Galega do Hidróxeno (AGH2) e co Clúster das enerxías renovables (Cluergal). A actuación permitirá a formación de máis de 7.500 persoas desempregadas e ocupadas a través duns 285 cursos.

Esta formación para o emprego, especificou Lado, porá énfase en especialidades de carácter relevante na transición verde e dixital pola que se está a apostar no actual contexto socioeconómico. A formación nestes ámbitos é un compromiso da Xunta de Galicia por dotar ás persoas desempregadas e ocupadas das competencias precisas que aumenten as súas oportunidades de traballo.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/02/2023