O Observatorio Galego LGTBI avanza na elaboración dos informes centrados na educación e o deporte e a situación dos colectivos especialmente vulnerables

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023 O Observatorio Galego LGTBI contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero reunise hoxe en Santiago de Compostela para, entre outros asuntos, expoñer o estado actual dos grupos de traballo nos que se están a elaborar os informes da situación dos colectivos especialmente vulnerables e do colectivo LGTBI na educación e o deporte e seguir, deste xeito, avanzando no desenvolvemento dos mesmos. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu a sesión plenaria na que, ademais, se deu a benvida a un novo integrante do Observatorio, a Asociación Trans Miño LGTBIQ+.

Durante a sesión plenaria tamén se avanzou noutros ámbitos de desenvolvemento da Lei autonómica 2/2014, de 14 de abril, pola igualdad de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/02/2023