A Xunta destaca a importancia do sistema educativo no ámbito da protección dos nenos e adolescentes

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, salientou hoxe o importante papel que ten o sistema educativo no ámbito da protección de nenas, nenos e adolescentes. Fíxoo no Congreso Brigther Future ‘Transformando a escola’, que se celebrou no salón de actos da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

 

En materia educativa, lembrar que Galicia é pioneira na implantación da gratuidade no 100% das escolas infantís para todo o alumnado. A Xunta destina 55 millóns de euros de fondos propios a esta medida, da que xa se benefician máis de 31.000 familias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/02/2023