A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as novas instalacións

A Xunta destina 245.000 euros á ampliación do centro de día público autonómico de Cabana de Bergantiños

Galicia conta hoxe con 6.000 prazas públicas en centros de día, seis veces máis prazas que no ano 2009

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 8 de febreiro de 2023.-

A Xunta destinou 245.000 euros á ampliación do centro de día público autonómico de Cabana de Bergantiños para garantir unha maior comodidade dos seus usuarios e para poder acoller a máis persoas maiores que precisen de atención diúrna. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe o resultado destas obras de ampliación.

 

A conselleira destacou que o Goberno galego segue a ampliar e mellorar a rede de servizos de atención por toda a xeografía galega, para que os distintos concellos galegos gañen en calidade de vida e as persoas maiores conten con servizos ao carón dos seus fogares. Neste sentido, lembrou que Galicia conta hoxe con seis veces máis prazas públicas en centros de día que no ano 2009, ao chegar ás preto de 6.000 por toda a Comunidade.

 

Fabiola García sinalou que naqueles concellos menos poboados, a Xunta impulsou a creación de máis de cen casas do maior que ofrecen 520 prazas de atención diúrna, 100% gratuítas. Así mesmo, o Goberno galego tamén aposta por programas de proximidade como o Coidados porta a porta, que achega servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a todos os concellos galegos. Máis de 30.000 maiores xa se teñen beneficiado destes servizos, máis de 100 na primeira visita a Cabana de Bergantiños, en agosto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2023