O delegado territorial da Xunta participa na presentación do Campionato Galego de Inverno de Piragüismo K2 – C2 – 3.000 metros

Ourense, 08 de febreiro de 2023

  O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do Campionato Galego de Inverno de Piragüismo K2 – C2 – 3.000 metros.

A competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Piragüismo Ourense, conta co patrocíneo da Xunta e da Deputación de Ourense. A proba desenvolverase o sábado, 11 de febreiro, no pantalán de Barbantes, concello de Cenlle, e nela participarán 32 equipos con 205 embarcacións e 410 deportistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2023