Activo un incendio forestal rexistrado en Muíños (Ourense)

Segundo as primeiras estimacións, o lume -que entrou de Portugal- afecta unhas dúas hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia.

O lume orixinouse sobre as 18 horas en Portugal en dous focos diferentes e, posteriormente, entrou en Galicia. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas dúas hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control traballan 2 axentes, 2 brigadas e 3 motobombas.
 
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 06/02/2023