Controlado o incendio forestal en Calvos de Randín (Ourense)

O lume, que segundo as últimas estimacións afecta menos dunha hectárea dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, entrou en Galicia dende Portugal

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, quedou controlado ás 04,00 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 17,24 horas de onte en Portugal e posteriormente entrou en Galicia, afectando menos dunha hectárea do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para o seu control mobilizáronse 3 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.
 
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 06/02/2023