Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta menos dunha hectárea de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023.-

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás.

 

O lume iniciouse ás 13,04 h. de hoxe e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos dunha hectárea dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control traballan 2 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 03/02/2023