O delegado da Xunta visitou o servizo de atención temperá do Concello de Ordes
Trenor informa que a comarca de Santiago contará con seis unidades de atención temperá co apoio da Xunta
Esta orde reserva para estes seis centros máis de 1,4 millóns euros e terá carácter plurianual para darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor visitou a unidade de atención temperá do Concello de Ordes para informar da resolución das axudas do Goberno galego para a creación destes servizos por parte das entidades locais. Con esta nova orde atenderase a máis de 5.000 nenos de toda Galicia que presenten problemas de desenvolvemento.
O representante do Goberno galego informou que a comarca de Santiago continuará con seis unidades. Estes centros contarán cunha axuda que comprende a actividade dos anos 2022-2023-2024 de máis de 1,4 millóns de euros para garantir o seu funcionamento.
Trenor puxo en valor a importante aposta durante os últimos anos por estes servizos de atención. Neste sentido, concretou que no ano 2009 existían dúas unidades na nosa Comunidade que daban atención a 15 concellos galegos, mentres que na actualidade son xa máis de 40 os centros que dan servizo a máis de 200 municipios. “É dicir, cada vez máis familias contan con este servizo ao carón das súas casas, o que fomenta a igualdade de oportunidades con respecto ás familias que viven nas cidades” afirmou.
O representante do Goberno galego apuntou que “este recurso permite actuar ante posibles problemas no desenvolvemento de nenos de ata 6 anos de idade”. Como novidade, esta convocatoria —dotada con 12 millóns de euros— será de carácter plurianual, o que permitirá darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha, ao garantir a seguridade financeira e reducir o papelame para solicitar as axudas.
ENTIDADE | PROFESIONAIS | 2022 | 2023 | 2024 | IMPORTE TOTAL |
MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES | 6 | 29.191,75 € | 133.294,66 € | 159.953,59 € | 322.440,00 € |
AGRUPACIÓN DE NEGREIRA E VAL DO DUBRA | 4 | 26.767,23 € | 134.396,71 € | 161.276,06 € | 322.440,00 € |
AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE CURTIS, SOBRADO,ARANGA, BOIMORTO E COIRÓS | 3 | 20.537,66 € | 102.688,30 € | 123.225,96 € | 246.451,92 € |
AGRUPACIÓN DE SANTA COMBA E A BAÑA | 4 | 11.787,10 € | 58.935,48 € | 70.722,57 € | 141.445,15 € |
AGRUPACIÓN DE TEO E AMES | 4 | 19.766,24 € | 115.396,45 € | 138.475,74 € | 273.638,43 € |
AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE TOQUES, MELIDE, ARZÚA, SANTISO E VILASANTAR | 2 | 13.434,63 € | 67.173,17 € | 80.607,80 € | 161.215,60 € |
TOTAL | 23 | 121.484,61 € | 611.884,77 € | 734.261,72 € | 1.467.631,10 € |