Aprobado o próximo número da revista Administración&Cidadanía

O consello de redacción da revista reuniuse esta tarde para aprobar os contidos do volume 17, número 2

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022

Esta tarde reuniuse, de xeito presencial na Escola Galega de Administración Pública e tamén a través de videoconferencia, o Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do volume 17 número 2. 

O próximo exemplar da revista incluirá os artigos Suficiencia e nivelación no novo financiamento autonómico: recursos dispoñibles ou necesidades reais?, redactado por David Cantarero Prieto, Ana Carrera Poncela e Natividad Fernández Gómez, pertencentes ao departamento de Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Cantabria; O pensamento conservador actual: García-Pelayo, Forsthoff e Legendre acotan a Legutko, de Francisco Vila-Conde, contratado predoutoral FPU de Filosofía do Dereito da Universidade Autónoma de Madrid; O federalismo belga: autogoberno, fragmentación e estabilidade: equilibrios internos en entornos inestables; de Daniel Casal Oubiña, profesor asociado en Ciencias Políticas e da Administración da Universidade Complutense de Madrid; Tendencia e atributos do concepto epistémico "Galicia" tras o Estatuto de Autonomía: o caso Scopus, de Javier Seijo Villamizar, profesor interino de substitución de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela; e Oportunidades da economía galega post covid 19: a recuperación no ámbito industrial, enerxético e ambiental, elaborado por Fernando Blanco Silva, doutor, enxeñeiro industrial e economista, e por Diego Sande Veiga, profesor interino de substitución de Economía Aplicada da Universidade de Santiago.

O número completarase coa nota Fórmulas de xestión indirectas (contractuais e non contractuais) na nova Lei 12/2022, do 21 de decembro, de Servizos Sociais da Comunidade de Madrid: primeiro regulamento do "concerto social" en Madrid, redactada por Ximena Lazo Vitoria, profesora titular de Dereito Administrativo e Coordinador do Grupo de Investigación Compra Pública Verde da Universidade de Alcalá. 

Todos estes contidos poderán ser consultados de balde na edición electrónica da Revista Galega de Administración Pública, no enderezo https://egap.xunta.gal/revistas/AC.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2023