A Xunta destaca en Ferrol o traballo da empresa Ghenova a prol do naval galego e a súa aposta polo talento e a formación

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou hoxe en Ferrol na inauguración das novas instalacións da compañía, que traballa tamén en outras ramas de actividade como a enerxía, a industria ou as infraestruturas

Salienta que, a través da Estratexia naval, Galicia, como comunidade autónoma con máis empresas no sector, teña un papel significativo no reparto dos fondos europeos

Ferrol, 2 de febreiro de 2023 A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, acompañada pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na inauguración das novas instalacións da oficina de Ferrol de Ghenova, empresa que se dedica a diferentes ramas de actividade como a enerxía e a industria, as infraestruturas e as solucións integrais, e especialmente no sector naval, realizando tarefas para proxectos como o das F-110.

Na súa intervención, a secretaria xeral destacou que a compañía está sabendo aproveitar as oportunidades da diversificación e apostando polo talento. Isto, segundo salientou, vai en liña co traballo que está a realizar Galicia, que aposta polo desenvolvemento sustentable, tecnolóxico e dixital, e pola transformación na cadea de valor da industria do naval cara ás enerxías renovables mariñas, e insistindo tamén na importancia da formación e a xeración de emprego cualificado.

A clave, segundo sinalou Uría, é que os fondos europeos sirvan de aliciente para dar o maior impulso posible a todo este esforzo, contando coa Estratexia naval como folla de ruta de apoio ao sector. O obxectivo é que Galicia, como comunidade autónoma con máis empresas nesta industria, teña un papel significativo no reparto dos fondos Next Generation da Unión Europea, dentro do Perte.

Para facilitar o aproveitamento de oportunidaddes a Xunta de Galicia, a través do Igape e da man de Pymar, vén de activar a oficina Conecta Naval, para xestionar as iniciativas que se vaian presentar desde Galicia para optar a estes fondos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2023