A Casa de Galicia acolle una conferencia informativa sobre xestión de datos que organizou Aegama

Madrid, 1 de febreiro de 2023.

O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano deu a benvida a AEGAMA, co seu presidente Julio Lage á fronte, quen presentou a Jesús Echarri, fundador da empresa  Improving Metrics, una empresa galega dedicada á análise de datos e que xa conta cunha oficina na Coruña e en Madrid.

 

O fundador da empresa explicou ante medio centenar de asistentes a importancia de poder solicitar datos e interpretalos correctamente para facer medrar os negocios.

 

Entre outras tarefas que leva a cabo esta innovadora empresa destacan algúns como:

- Organizar o ecosistema dixital e axudar a identificar o que una empresa necesita medir paira lograr os seus obxectivos.

 

- Integrar todas as ferramentas e estruturas de información (internas e externas, online e offline) mediante extracción con APIs e conectores para configurar informes unificados, completos e automatizados cun enfoque dirixido ás decisións de negocio.

 

- Axudar ás empresas a rendabilizar o seu investimento en mercadotecnia e guiar aos seus usuarios polo camiño da conversión.

 

Xunto aos mencionados anteriormente, estiveron na mesa Carmen Rico, directora da área de crecemento de Improving Metrics; Nuria Otero, responsable do equipo de analistas, e José Valiño, responsable de Abanca.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2023