A Xunta subliña en CETIM o papel fundamental dos centros tecnolóxicos no fomento da innovación e a mellora da competitividade empresarial

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, realizou esta mañá unha visita ás instalacións que o centro ten en Culleredo

Culleredo (A Coruña), 31 de xaneiro de 202

3 A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá en Culleredo as instalacións do Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim), nas que subliñou o papel fundamental que este tipo de infraestruturas realizan no fomento da innovación e da mellora da competitividade empresarial.

Neste obxectivo, explicou que é fundamental a colaboración público-privada a través de programas como as Unidades Mixtas de Investigación (UMI), que está posibilitando impulsar proxectos disruptivos. Neste sentido puxo como exemplo a iniciativa que Ferroglobe e Cetim están desenvolvendo nunha UMI para contar con baterías ion-litio de altas prestacións.

A secretaria xeral incidiu en que a Xunta traballa no impulso de proxectos de I+D+i de alto impacto, así como na transferencia de coñecemento á industria que, á súa vez, permiten xerar emprego cualificado e captar investimentos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/01/2023