A Xunta pon en valor a importancia da formación no sector do tempo libre

Lalín (Pontevedra), 27 de xaneiro de 2023

A Xunta pon en valor a importancia da formación no sector da educación no tempo libre. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, fixo entrega hoxe dos diplomas aos participantes nos cursos de monitor de actividades de tempo libre ofrecidos pola escola de tempo libre Aloumiña.  

A directora xeral puido coñecer de preto as inquedanzas da mocidade asistente ao curso, á que tamén animou a desenvolverse profesionalmente nun sector con importante demanda laboral grazas ás diferentes actividades de lecer e conciliación que se realizan.

 

Data de actualización: 27/01/2023