A Xunta de Galicia estrea en San Lázaro nova iluminación exterior no edificio das direccións xerais de Defensa do Monte e Planificación e Ordenación Forestal

Os directores xerais de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Defensa do Monte e Planificación e Ordenación Forestal, Pablo Fernández Vila, Manuel Rodríguez e José Luis Chan, respectivamente, participaron no acendido do edificio

O obxectivo deste proxecto demostrativo foi mellorar a eficiencia enerxética, potenciar a estética e visibilidade do inmoble e reducir a contaminación lumínica

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2023 O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiron ao acendido da nova luminaria exterior do edificio que alberga as dependencias destas dúas últimas direccións xerais en San Lázaro.

Trátase dun proxecto demostrativo desde o punto de vista do aforro e da eficiencia enerxética que servirá como exemplo e posterior aplicación a outros edificios públicos autonómicos.

A actuación, na que se investiron 103.000 euros, tivo como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, potenciar a estética e visibilidade do edificio, así como reducir a contaminación lumínica.

Consistiu na instalación de 51 luminarias con tecnoloxía led -cunha vida útil equivalente a máis de 15 anos de funcionamento- que, combinado co equipo de telexestión e control permitirá reducir o consumo enerxético nun 50%, o que contribuirá á diminuír a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/01/2023