A Xunta apoia as exposicións que organiza a Sociedade Canina Galega esta fin de semana en Lugo, con probas de ámbito internacional

Lugo, 26 de xaneiro de 2022 O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación da Exposición Nacional Canina, que alcanza a 104 edición, e a 46 Exposición Internacional Canina, que se celebrarán esta fin de semana en Lugo.

 

Arias destacou que esta é unha das primeiras grandes citas da programación do 2023 do Pazo de Feiras e Congresos, cuxo Padroado preside a Xunta de Galicia. Neste sentido, agradeceu á entidade organizadora, a Sociedade Canina Galega, que aposte de novo polo recinto lucense, “contribuíndo a conformar na cidade unha programación atractiva e desestacionalizada, capaz de atraer un turismo de congresos que dinamiza a hostalaría e o comercio local”. 

 

A Xunta apoia as exposicións caninas e achega premios para as distintas probas,   algunhas de ámbito internacional, que se sucederán durante o sábado e o domingo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2023