A Xunta leva a cabo en Ferrol unha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas coa participación de Ana Ares, María Canosa e Paloma Lago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar esta tarde no Museo Exponav

Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas nas sete grandes cidades galegas levado a cabo por Turismo de Galicia en colaboración coa Fundación La Caixa

Ferrol, 25 de xaneiro de 2023 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe nunha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas, un ciclo de conversas protagonizadas por mulleres de excepcionais traxectorias en diferentes disciplinas profesionais.

 

A directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, a escritora e comunicadora María Canosa e a modelo e presentadora Paloma Lago compartiron experiencias co Camiño inglés como fío condutor do evento.

 

Mediante esta iniciativa, preténdese afrontar os dilemas e desafíos da sociedade contemporánea desde a perspectiva da diversidade e o diálogo a través dunha programación multidisciplinar capaz de unir a ciencia, a innovación, as artes, a música, o deseño, a arquitectura, o deporte, a gastronomía ou a filosofía gracias ás participantes convidadas.

Data de actualización: 25/01/2023