Unha decena de centros educativos participará na terceira edición do programa ‘Talentos inclusivos’

O obxectivo é incrementar o coñecemento e competencias en ciencia e tecnoloxía do alumnado, así como a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral
 

Co apoio da Xunta, o programa é promovido polo CITIC da Universidade da Coruña e por ASPACE Coruña
 

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2023

Unha decena de centros educativos participarán na terceira edición do programa Talentos Inclusivos, unha iniciativa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e promovida polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña para facilitar a inclusión das persoas con diversidade funcional.

O obxectivo do programa é incrementar o coñecemento e competencias no ámbito da ciencia e da tecnoloxía da mocidade a través da participación activa e colaborativa no desenvolvemento de desafíos tecnolóxicos. Para iso, créanse grupos de traballo formados por persoas con parálise cerebral e alumnado dos centros educativos (entre 3º de ESO e 2º de Bacharelato, así como de ciclos de Formación Profesional de grao básico) para resolver, mediante o emprego da tecnoloxía, retos que sexan de aplicación directa para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan  parálise cerebral.

Os centros participantes na terceira edición desta iniciativa son os reflectidos na seguinte táboa:
 
Provincia
Concello
Centro

A Coruña

A Coruña

IES Ramón Menéndez Pidal Zalaeta

A Coruña

A Coruña

CPR Calasanz – PP Escolapios

A Coruña

Betanzos

IES As Mariñas

A Coruña

Culleredo

IES Rego de Trabe

A Coruña

Ferrol

IES Saturnino Montojo           

A Coruña

Ferrol

IES Sofía Casanova

A Coruña

Oleiros

IES Miraflores

A Coruña

Narón

IES Terra de Trasancos          

A Coruña

Ortigueira

IES de Ortigueira        

Ourense
Ourense

CPR Santa Teresa de Jesús

Os retos tecnolóxicos definiranse durante os primeiros meses do proxecto e serán resultantes da interacción entre os axentes participantes. No que atinxe ás diferentes solucións tecnolóxicas poderán empregarse a realidade aumentada con scratch, a robótica, a domótica de baixo custo (automatización de dispositivos como luces, portas, climatización...), os produtos de apoio para o acceso ao computador con placas Makey-Makey, a impresión 3D ou as actividades de lecer accesibles baseadas na gamificación.

Na iniciativa tamén colaboran a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, o Consello Social da UDC e o Concello da Coruña.
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/01/2023