Fernández-Tapias salienta o labor solidario e de loita contra os trastornos aditivos da Asociación Alborada

A delegada territorial da Xunta en Vigo celebrou este mécores unha reunión de traballo cos responsables do colectivo e visitou as súas instalacións na cidade

Vigo, 19 de xaneiro de 2023 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este mércores unha xuntanza coa directiva e cos coordinadores da Asociación Ciudadana de Loita contra a Droga (Alborada), onde reiterou o compromiso da Xunta coas entidades sociais que tecen a rede de benestar e prestar apoio aos que máis o precisan.

 

A representante autonómica salientou o importante labor solidaria e de loita contra os trastornos aditivos que realiza o colectivo na cidade. Durante a visita ao centro que esta asociación xestiona na rúa Isaac Peral tamén tivo a oportunidade de coñecer a actividade que diariamente desenvolve, tanto de asistencia, como de prevención e atención ao menor, atendendo a criterios, guías e procedementos establecidos polo Sergas.

 

A Consellería de Sanidade destina anualmente máis de 1,6 millóns a financiar a actividade deste centro e tres dos programas que levan a cabo. Ademais, a Consellería de Política Social achega outros 500.000 euros para contratar as prazas no centro de día e o persoal do sistema de protección de menores

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/01/2023