Arias destaca a consolidación de Lugo como destino turístico no acto organizado pola APEHL en Fitur

Madrid, 18 de xaneiro de 2023 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación dunha nova edición da guía “… E para comer, Lugo” na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur). Arias destacou os bos datos de ocupación rexistrados o pasado ano, que demostran unha tendencia á alza que se consolida.

Así, entre xaneiro e novembro visitaron a provincia case 750.000 viaxeiros, o que significa un incremento do 36% con respecto ao ano anterior. Ademais, neste Xacobeo bianual máis de 390.000 peregrinos percorreron algunha das catro rutas que discorren pola provincia, con especial peso do Camiño Francés, que asumiu máis do 50% dos camiñantes que chegaron a Santiago de Compostela por calquera das rutas oficiais.

O acto, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, tivo lugar no stand da Xunta en Fitur, que este ano ten precisamente á enogastronomía galega como eixe central. Ao respecto, o delegado lembrou que se trata “dun recurso clave do noso modelo turístico, xa que é un dos primeiros argumentos que incita aos viaxeiros a visitarnos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/01/2023