A Xunta aborda liñas de colaboración coa Asociación Galega de Xestión Deportiva

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse hoxe co presidente da Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede), Eduardo Blanco, para abordar liñas de colaboración coa entidade. Búscase así darlle continuidade ao apoio que lle vén prestando a Xunta a prol da formación e a divulgación no eido deportivo.

Constituída en 1998, Agaxede suma 25 anos traballando no fomento e desenvolvemento dunha dirección e xestión do deporte viable, dixital, inclusiva, igualitaria e sustentable no ámbito do deporte galego. Forma parte da Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España e é membro do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/01/2023