O vicepresidente segundo recibe á nova directora xerente de Seaga

A empresa pública é a encargada da encomenda da retirada dos niños da vespa velutina nos 306 concellos adheridos ao Plan centralizado entre a Xunta e a Fegamp posto en marcha en 2020

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2023.-

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe á nova directora xerente da empresa pública Seaga, Luisa Piñeiro. Ao encontro tamén acudiu a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.

A Xunta puxo en marcha en 2020 o Plan de loita contra a vespa velutina coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), no marco do que a empresa Seaga se encarga da retirada dos niños desta especie. Deste xeito, o Goberno galego ofrece unha atención centralizada e coordinada cos concellos para facer fronte ao aumento da presenza da vespa velutina en Galicia nos últimos anos. Así, xa viña atendendo este problema desde 2014 pero nos últimos anos redobrou os esforzos con este plan. Desde a súa posta en marcha xa conta con 306 concellos adheridos, o 98% dos municipios galegos e 21 máis cos 285 que se uniron no primeiro ano en funcionamento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2023