Fernández-Tapias mantén unha xuntanza coa directiva do plan comunitario de Teis

A delegada territorial da Xunta en Vigo celebrou este luns unha reunión de traballo cos responsables do colectivo para escoitar as súas peticións

 Vigo, 16 de xaneiro de 2023 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este luns unha xuntanza de traballo coa directiva do Plan Comunitario de Teis. A representante autonómica explicou aos responsables do colectivo os plans de investimentos do Goberno galego tanto en política social como en infraestruturas. Pola súa banda, os coordinadores do Plan Comunitario relataron a situación actual do barrio vigués e analiaron as liñas de colaboración coas diferentes administracións públicas.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2023