A Xunta celebra en Cangas do Morrazo o ‘Día da Xuventude’ con obradoiros, xogos e actuacións musicais dirixidas á mocidade

Cangas do Morrazo (Pontevedra), 14 de xaneiro de 2023.-

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse esta tarde ao Día da Xuventude, que se celebrou en Cangas do Morrazo e que contou cun gran abano de obradoiros, xogos e actuacións musicais dirixidas a toda a mocidade da comarca do Morrazo.

Este novo programa, que se inaugurou a semana pasada na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e que agora recala en Cangas, percorrerá un total de 30 localidades da Comunidade para achegar ocio e formación á xuventude.

Data de actualización: 14/01/2023