O conselleiro de Cultura lembra a Valle-Inclán e a Díaz Pardo co gallo do aniversario dos seus pasamentos

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, lembrou a Ramón María del Valle-Inclán na ofrenda floral celebrada esta mañá no cemiterio de Boisaca para conmemorar o 87 aniversario do ilustre intelectual. Durante o acto tamén se lembrou a Isaac Díaz Pardo, finado o 5 de xaneiro de 2012 e tamén soterrado no cemiterio compostelán, “onde repousan tamén dous dos últimos autores homenaxeados no día das Letras Galegas, Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero”, sinalou.

O representante da Xunta de Galicia, xunto cunha ampla representación institucional, da cultura e familiares do homenaxeado, puxo en valor a ambos intelectuais como figuras de extraordinaria relevancia no século XX e destacou, ademais do seu talento e traballo, a fonda pegada humana que deixaron.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/01/2023