Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira

O lume iniciouse ás 16,24 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, quedou estabilizado ás 12,02 horas de hoxe.  

O lume iniciouse onte ás 16,24 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 27 axentes, 39 brigadas, 28 motobombas, 4 pas, 8 avións e 8 helicópteros. Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estadía en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 21/08/2024