A Xunta destaca o papel da confraría de Barallobre na defensa dos intereses dos profesionais do mar

Fene (A Coruña), 17 de agosto de 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e o director de Portos de Galicia, Juan Sanmartín, asistiron á celebración do centenario da Confraría de Barallobre para por en valor a actividade pesqueira e a creación de emprego no sector.

No transcurso do evento, mostráronse vídeos de conmemoración destes 100 anos de historia, e tivo lugar unha pequena charla de algúns dos socios/as máis representativos. Ademais, para pechar o acto, descubriuse unha placa conmemorativa do centenario da Confraría financiada polo Goberno galego.

Con todo, os directivos trasladaron o seu obxectivo de seguir traballando da man na busca de medidas que contribúan a facilitar o día a día da xente do mar da zona e de avanzar na coxestión e cogobernanza dos distintos recursos mariños, apostando polo equilibrio entre a protección do medio ambiente e a defensa do emprego.

Data de actualización: 17/08/2024