A Xunta concerta once prazas para persoas sen fogar no centro de acollida e inclusión Padre Rubinos da Coruña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle a resolución do concerto social convocado para a prestación deste servizo

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do procedemento do concerto social para a reserva e ocupación de once prazas de acollida e inclusión residencial no concello da Coruña. O centro de Padre Rubinos prestará este servizo por un período inicial de catro anos, prorrogables ata un máximo de dez.

O Goberno galego ofrece, a través destas prazas, aloxamento e manutención ás persoas sen fogar, así como a súa participación nun programa personalizado de inserción social e laboral.

A Xunta leva aprobados nos últimos meses diferentes concertos sociais como este nos eidos da infancia, da atención á discapacidade ou dos coidados aos maiores. Esta fórmula permite blindar uns servizos que son fundamentais para mellorar a calidade de vida destas persoas e as súas familias; e dar máis seguridade ás entidades que os prestan, ao garantir a continuidade das prazas e incrementar o investimento nas mesmas.

Data de actualización: 22/07/2024