A Xunta colabora coas festas de Santiago Apóstolo que celebra Castroverde do 24 ao 27 de xullo

Lugo, 20 de xullo de 2024

A Xunta colabora coas festas de Santiago Apóstolo de Castroverde, que se celebran do 24 ao 27 de xullo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que comeza o mércores 24 ás 22,30 horas coas actuacións de D’Cano e La Misión.

Nos días seguintes animarán a festa varias orquestras e agrupacións musicais, como Estelamar, Mekanika Rolling Band e o grupo Extra – o xoves -; xunto con La Fórmula,  Fénix e Fuego Street Band – o venres -. O sábado 27 haberá pasarrúas, xogos infantís e cantos de taberna para pechar os festexos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2024