A conselleira M. Allegue destaca que eventos coma o festival IKFEM Tui-Valença fortalecen a eurorrexión

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a comisaria europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, participa hoxe na duodécima edición deste evento cultural 

Valença (Portugal), 19 de xullo de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou hoxe que eventos coma o IKFEM Festival Tui-Valença fortalecen a Eurorrexión.

M. Martínez, xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a comisaria europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, asistíu hoxe a este evento cultural. No festival tamén participaron, entre outras autoridades, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, António M. Cunha, e o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro.

A conselleira, agradeceu en nome do Goberno galego a invitación a asistir hoxe en Valença á duodécima edición deste festival, que cualificou non só como un dos eventos culturais “máis relevantes do ano”, “se non que tamén fortalece os lazos que historicamente unen Portugal e Galicia”.

Destacou a implicación da Xunta con el Ikfem desde o seu inicio, apoiando desde a Consellería de Cultura este evento, que se foi asentando como “un proxecto cultural de primeiro nivel”.

M. Allegue, aplaudiu esta iniciativa que vencella a Galicia co país veciño. Neste caso, a creación da orquestra Sinfónica Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal integrada por músicos de 26 concellos das dúas marxes do Miño -que hoxe se estrea- é, segundo subliñou a conselleira “o mellor exemplo da Galicia que a través da cultura, das infraestruturas, das políticas transfronteirizas mira máis aló das propias fronteiras”.

A conselleira  tamén quixo felicitar a organización deste festival que durante as súas doce edicións puideron desfrutar máis de 100.000 persoas, e aplaudiu esta iniciativa “diferenciadora” que, co tempo, converteuse en referencia no amplo calendario cultural estival.  A este respecto, M. Martínez, puxo o acento en como este festival non só une as dúas beiras do Miño, senón tamén é un punto de encontro para os milleiros de peregrinos que cruzan o río percorrendo o camiño de Santiago.

Data de actualización: 19/07/2024