A Xunta asiste á inauguración da nova escola infantil Agarimo de Rianxo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no acto

Rianxo (A Coruña), 19 de xullo de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta tarde á inauguración da escola infantil Agarimo de Rianxo. 

O novo centro ofertará 29 prazas de 0 a 3 anos e contará con dúas unidades. Así mesmo, estará adherido ao programa de gratuidade da Xunta de Galicia, polo que a atención educativa será de balde para todo o alumnado. 

Data de actualización: 19/07/2024