A Xunta asina o contrato para a construción de 18 vivendas de promoción pública no barrio de Navia en Vigo, que suporá un investimento de máis de 3,3 M€

As obras destas novas vivendas na parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia, que contan cun prazo de execución de 15 meses, comezarán en canto se dispoña de licencia municipal

Santiago de Compostela 19 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou á empresa Oreco Balgón S.A. o contrato para a construción de 18 vivendas de promoción pública na parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia Vigo.

O contrato, adxudicado por 3.326.149 euros, xa foi asinado, polo que as obras de construción das vivendas iniciaranse en canto dispoñan de licencia municipal, cun prazo de execución de 15 meses.

En concreto, o inmoble a construír contará con 18 vivendas de promoción pública destinadas a alugueiro, coa seguinte distribución: 3 de 4 dormitorios, e unha superficie de entre 98-107 m2; 12 de 3 dormitorios, cunha superficie de 90 m2 e outras 3 vivendas de 2 dormitorios, de 71 m2.

Cómpre lembrar que outras 145 vivendas de promoción pública a construír en San Paio de Navia atópanse nun estado avanzado de tramitación para a súa adxudicación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/07/2024