A Xunta abre as propostas económicas para executar as obras de rehabilitación de catro vivendas en Ferrol Vello cun investimento de máis de 1,1 M€

Presentáronse tres ofertas para a rehabilitación de dous inmobles emprazados nas rúas Benito Vicetto 17 e Castro 22-24, respectivamente

Santiago de Compostela,19 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa avanzando na tramitación dos contratos para a rehabilitación de inmobles adquiridos en Ferrol no marco do programa Rexurbe, para destinalos a vivendas de promoción pública.

Con tal motivo, a mesa de contratación reuniuse para a apertura das ofertas presentadas para a rehabilitación de dous inmobles emprazados nas rúas Benito Vicetto 17 e Castro 22-24. Este contrato foi licitado por un importe de máis de 1,1 millóns de euros

En total presentáronse tres ofertas, dúas para a obra de Benito Vicetto e unha para a de Castro 22-24.

A Xunta prevé obter un total de catro vivendas e un local unha vez rehabilitados estes edificios. As vivendas serán cualificadas como de promoción pública e adxudicadas en alugueiro a través do Rexistro de demandantes de Galicia.

Data de actualización: 19/07/2024