A Xunta recoñece o labor da Fundación Juan Soñador a prol dos menores

Allariz (Ourense), 17 de xullo de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o Campamento Espabila, organizado pola Fundación Juan Soñador no Albergue de Don Bosco. Unha iniciativa que conta, un ano máis, co apoio do Goberno galego.

Durante a visita, o director xeral recoñeceu o labor desta entidade a prol da igualdade de oportunidades de todos os nenos, adolescentes e mozos, ofrecéndolles actividades de ocio e educativas durante o período non lectivo, ademais de supoñer unha alternativa de conciliación para as súas familias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/07/2024