A Xunta adxudica por máis de 1,7 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña

A Xunta adxudicou por máis de 1.760.000 euros as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas

O contrato asinarase nos vindeiros días, e as obras comezarán previsiblemente en agosto

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo

Os traballos consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven de adxudicar por importe de 1.764.815 euros as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña.

O contrato asinarase nos vindeiros días e as obras comezarán, previsiblemente, ao longo do mes de agosto. Os traballos, adxudicados á empresa Canarga, S. L., contan cun prazo de execución aproximado de 5 meses.

O obxectivo da intervención é mellorar as características funcionais da vía e súa seguridade viaria en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo.

As actuacións consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/07/2024