A Xunta leva mañá a Coruña o concerto de Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa

É unha das distintas citas musicais que contan co apoio de Turismo de Galicia na cidade e celebrarase no Coliseum a partir das 21,00 horas

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

A Xunta de Galicia impulsa mañá en A Coruña o concerto de Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa no marco da programación de festivais e grandes concertos internacionais que o Goberno autonómico apoia para reforzar a marca turística Galicia a través de grandes eventos musicais que sexan quen de atraer distintos tipos de público.

O concerto, promovido pola produtora Primer Beat Produccion, celebrarase a partir das 21,00 horas no Coliseum e permitirá escoitar a discografía do cantautor, arreglista e produtor musical dominicano Juan Luis Guerra, cuxa ampla traxectoria lle permitiu publicar14 discos cos que logrou superar os 20 millóns de discos. Tamén se celebrará o concerto de Gilberto Santa Rosa que interpretará os seus grandes éxitos e novos temas que forman parte da historia musical dos seus 40 anos de traxectoria musical.

Este concerto é un dos que a Xunta de Galicia impulsa na cidade da Coruña, onde tamén se inclúe o apoio a Morriña Fest os días 26 e 27 de xullo, ou os concertos de Loquillo en setembro, Sara Baras e Raphael a finais de ano. A eles súmanse outras citas como o Festival Wake Up Dreams que se está a celebrar estes días no Parque de Bens ou o Coruña Sounds, o concerto xa celebrado en xuño de Rozalen, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2024