A consellería do Medio Rural salienta a denominación de orixe Rías Baixas na XXXII Festa do Viño do Rosal

O Rosal (Pontevedra), 12 de xullo de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe ao acto de inauguración da XXXII Feira do Viño do Rosal, que salienta a tradición vinícola do municipio e a denominación Rías Baixas.

Nesta liña, O Rosal é unha das áreas máis importantes en canto a produción dentro deste distintivo de calidade, posto que nas súas adegas se vinifican 5,5  millóns de quilogramos de uvas nun total de 13 adegas, entre as que se atopan as de grandes grupos galegos como Terras Gauda ou HGA. O lugar no que se sitúa este evento reafirma as cuestións citadas, xa que se contempla unha paisaxe na que se aprecia o descenso dos viñedos ata o río dende as ladeiras dos montes entre Tui e A Guarda.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2024