A Xunta participa na XXVI xuntanza dos maiores no concello do Pino

O Pino (A Coruña), 13 de xullo de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou este mediodía na XXVI xuntanza dos nosos maiores no concello do Pino. Un encontro no que lembrou o compromiso da Xunta coas persoas maiores para que teñan un papel activo na nosa sociedade.

Neste sentido, apuntou que a prioridade do Goberno galego é garantir que as persoas maiores teñan a liberdade para decidir onde e como facerse maior e contar cos servizos necesarios á súa disposición para que a súa saúde e benestar non se vexan comprometidos.

Data de actualización: 13/07/2024