A Xunta participa na décima edición do Camiño da Diversidade da Fundación Ingada
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañou aos participantes na saída da andaina
2024-07-13
/documents/35297/1278573/2024-07-13+Jacobo+Rey+Ingada+Fisterra+3.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Fisterra (A Coruña), 13 de xullo de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey participou hoxe no X Camiño da Diversidade da Fundación Ingada, que ten como obxectivo potenciar os valores de solidariedade, compañeirismo, respecto e vida saudable. O director xeral estivo na saída da andaina dun pequeno treito do Camiño de Santiago, desde a praia de Langosteira ata o faro de Fisterra.
Jacobo Rey destacou a importancia deste tipo de actividades para concienciar sobre o respecto da diversidade de cada persoa, sen exclusións, e fomentar a integración e desenvolvemento digno de todos.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 13/07/2024