Manuel Pardo percorreu as instalcións escolares

O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras de mellora de eficiencia e funcionalidade do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova

Manuel Pardo destacou que as obras contan cun investimento do Goberno galego de máis de 1,1M€

O delegado territorial salientou a importancia destes traballos ao tratarse dun edificio “de gran valor histórico, que está catalogado Ben de Interese Cultural”

Estanse a substituir un total de 237 ventás, 18 portas balconeiras e outras 5 portas de entrada por outras novas de madeira de castaño que se fabricaron nun taller especializado

Ourense, 12 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá o estado das obras de mellora de eficiencia e a funcionalidade do Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, que contan cun investimento do Goberno galego de máis de 1,1M€; o que supuxo dende 2009 unha cantidade total de 2,4 M€ nas melloras educativas desolvidas no concello de Celanova.

O delegado territorial salientou a importancia destes traballos ao tratarse dun edificio “de gran valor histórico, que está catalogado Ben de Interese Cultural” así como a envergadura dos mesmos “posto que se están a substituir un total de 237 ventás, 18 portas balconeiras e outras 5 portas de entrada” por outras novas de madeira de castaño que se fabricaron nun taller especializado.

Manuel Pardo explicou que as obras que se están levando a piques consisten na previa desmontaxe da carpintería de madeira existente para  instalar outra nova de madeira laminada de castiñeiro, con tratamento por inmersión, e tratamentos superficiais para exteriores, con acabado en tonalidades similares ás existentes e colocación de vidros de dobre acristalamento con cámara de aire con argon, e contraventás de taboleiro de madeira rechapado en madeira de castiñeiro lacada.

Así tamén se está a levar a cabo a colocación de remates de albardillas de zinc en alfeizares de xanelas e como proteccións de augas de escorrentía das carpinterías de fachada. Do mesmo xeito estanse a executar traballos de albanelería e acabados precisos para a execución de todas as operacións de substitución de carpinterías, incluíndo apertura de xuntas ou rozas en pedra, rebaixes en pedra para axuste de carpinterías e pintura para a reparación e remates das zonas de actuación onde se substitúen as carpinterías, procedendo a deixar os remates perfectamente rematados e en perfecto estado estético.

O delegado territorial explicou que estas obras se enmarcan no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para o deseño dos centros post-covid. Este Plan configúrase como guía mestra de todas as intervencións que se están a facer nos centros educativos galegos apostando por uns centros de ensino mellor acondicionados, máis implicados coa educación dixital e as novas metodoloxías de ensino, máis sustentables e máis confortables para profesorado e alumnado.

As actuacións que se están a desenvolver nos centros xiran arredor de seis eixos de actuación que son o encaixe dos centros no espazo urbano, o seu aspecto exterior, os espazos de socialización, a distribución interior dos centros, o establecemento de polos creativos (espazos maker) e a eficiencia enerxética.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2024