A Xunta colabora coa entidade Emaús en Vigo no apoio ás persoas en situación de exclusión social

Vigo, 12 de xullo de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a entidade social Emaús en Vigo, que ofrece servizo de protección, acompañamento e apoio sociolaboral a persoas en situación de exclusión ou risco de padecelo. O Goberno galego colabora con Emaús a través da orde de axudas a entidades para o ano 2023-25 e a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.

O director xeral destacou que a través destas dúas ordes, concedéronselle a Emaús un total de 690.000 euros que lles permitirán seguir reforzando e ampliando programas de inclusión residencial e sociolaboral na cidade olívica. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego segue a colaborar co tecido asociativo para impulsar programas de atención ás persoas en situación de exclusión para que saian adiante e gañen en autonomía.

Data de actualización: 12/07/2024